Buscar

jueves, 26 de noviembre de 2015

Ideas para o proxecto (PVS)

ENTREVISTA:

Presentación > Breve explicación do proxecto > Entrevista > Despedida

Preguntas a completar:

                1)     Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
                3)     Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España. 
                5)     Localización e factores de localización (páx. 156).
                6)     Factores produtivos que precisa para a proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
                7)     Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
                8)     Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).
                9)     Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación,…
                10)   Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
                11)   Relacións da empresa con organizacións empresariais.
                12)   Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.


Faremos unha reportaxe en video na que entrarán fotos e videos por igual, explicando toda a nosa experiencia.

jueves, 12 de noviembre de 2015

diario de sesións 4

Hoxe tivemos un problema porque a nai de Marina deunos nomes de empresas sostibles coas que traballaba (ela traballa nunha tenda de iluminación) pero non tíñamos os nomes hoxe, así que só traballamos cos nomes que sabíamos.

Modelo de solicitude (PVS 3)

Modelo 1:

Bó día:

Estamos a traballar nun proxecto para ciencias sociais no que estudiamos a maneira de traballar dunha empresa sustentable, polo que gustaríanos traballar coa vosa. Parécenos importante que unha empresa dedicada ao que vos teña un respecto polo medio ambiente e os recursos que están a explotar, polo que falamos con vosco para ir a visitar a vosa zona de traballo.

Modelo 2:

Ola,
Gustaríanos ir á vosa empresa para facer un proxecto de ciencias sociais no que estudamos as maneiras de traballar das empresas sostibles como a vosa.
Acudimos a vós porque en concreto parécenos importante que o traballo que levan a cabo xa que consideramos que algo como a luz que é usado todos os días é interesante que sexa ecolóxico e a súa fabricación sustentable.
Sería un pracer que nos deixaran ir a visitalos na fábrica ou nun edificio da empresa.


Moitas grazas.

diario de sesións 2

Empezamos a ter problemas por non poder acabar a primeira entrada: non encontramos as empresas! Pero traballamos igual e conseguimos facer a segunda. Seguimos tendo a primeira sen acabar.

diario de sesións 1

Traballamos na entrada eu e Ainhoa no mesmo ordenador. Non a acabamos e pensamos en quedar para facelo, ainda que non a acabamos igual. Bo traballo, pero os ordenadores moi lentos.

diario de sesions 3

Traballei con Ainhoa no mesmo ordenador xa que só temos tres. Traballamos ben pero non temos todas as empresas polo que imos con retraso en xeral no grupo da clase. Polo demais ben.

martes, 3 de noviembre de 2015

Ideas para o proxecto (PVS 2)


  • Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer? (narrativo, con entrevistas, explicativo)
Temos pensado facer unha reportaxe con entrevistas pero tamén narrativo sobre a nosa experiencia falando cos traballadores. Explicaremos como é o seu día a día)

  • Que pasos temos que seguir para elaborar a reportaxe?
Chamar á empresa e preguntar se podemos ir a facer a reportaxe. Tras esto, se podemos, iríamos e falaríamos con todos os traballadores e co encargado para conseguir información.
  • Que contidos/temas podemos abordar a través da reportaxe? (a que preguntas podemos dar resposta) 
Salario, economía da empresa, como traballan, materias primas, etc.

  • Outros aspectos a ter en conta.
Ter máis dunha empresa en contacto por se unha non nos deixa ir a facer a reportaxe.